Friday 10 de May de 2024

O Concello de Lousame volve reivindicar un Día das Letras Galegas para Diego Antonio Zernadas de Castro, o cura de Fruíme


Un ano máis, o Concello de Lousame reivindica a dedicatoria dun Día das Letras Galegas á figura de Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido como o cura de Fruíme. Unha demanda reiterada hoxe durante a tradicional ofrenda floral diante do busto dedicado a Zernadas de Castro a carón da igrexa de Fruime.

A ofrenda foi realizada pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, quen estivo acompañada polos concelleiros de Obras, Ramón Martínez Rial, e de Relacións Veciñais, José Antonio Ces Barreiro. Silvia Agrafojo sinala que “a nosa reivindicación é firme: Zernadas de Castro é a maior figura literaria galeguista do seu tempo e merece que se lle dedique un Día das Letras Galegas”.